Sánchez respecta a decisión da Casa Real e o PP cualifica como "inadmisibles" as reaccións de Podemos
Pedro Sánchez cre que resposta da Zarzuela ante as condutas supostamente irregulares do rei Xoán Carlos é a propia dunha democracia vigorosa e nun momento en que España necesita estabilidade.
Pedro Sánchez: "A Casa Real marcou distancias fronte a estas supostas, subliño, supostas, condutas que puidesen ser irregulares. Creo que a liña marcada pola Casa Real é a axeitada".
Unidas Podemos desvelou que non estaba ao tanto das negociacións entre o Goberno e a Zarzuela e volvía criticar a decisión do anterior monarca.
Irene Montero: "A fuxida de Xoán Carlos de Borbón é unha atitude indigna vindo dun xefe do Estado. Todo o mundo está interpretando que ten que ver con tentar eludir a acción da xustiza".
O PP instaba o presidente a chamar á orde ao seu socio de coalición e Ciudadanos cualificaba as palabras dos ministros de Podemos de inadmisibles.
Edmundo Bal, voceiro adxunto de Ciudadanos no Congreso: "O que si nos parece profundamente inadmisible son as declaracións que realizan membros do Goberno que, aproveitándose desta situación, desde un punto de vista oportunista, tratan de confundir nas súas mensaxes as mensaxes que poidan ser atribuíbles a unha pesoa concreta e determinada cunha institución exemplar".
Pablo Montesinos, vicesecretario de Comunicación do Partido Popular: "Non pode pasar un minuto máis sen que Pedro Sánchez non desautorice o vicepresidente Iglesias. O Goberno o que ten que facer é defender e reivindicar as institucións, e non erosionalas".
O PNV cre incomprensible que o rei Xoán Carlos marche sen dar ningunha explicación. O presidente da Generalitat ía un paso máis aló. Quim Torra: "Demándolle a Filipe VI que non alongue máis a agonía borbónica e abdique para darlle a oportunidade á cidadanía española de saír deste pozo".