CRTVG

Buscar

O presidente do Goberno recibirá a Pere Aragonès na Moncloa este mes de xuño

Publicado o 04/06/2021 13:25
O presidente do Goberno recibirá a Pere Aragonès na Moncloa este mes de xuño

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o presidente da Generalitat, Pere Aragonès, acordaron este venres manter un encontro no Palacio da Moncloa durante este mes de xuño, segundo informa Secretaría de Estado de Comunicación e o Govern de Catalunya.

Sánchez e Aragonès mantiveron unha conversa telefónica en que acordaron este encontro, abordaron tamén distintos aspectos da situación política actual e compartiron o obxectivo de avanzar "cara á superación dos retos comúns mediante o diálogo".

Esas fontes explicaron que o diálogo entre os dous presidentes foi "fluido e produtivo", e prolongouse por uns 40 minutos. Os dous coincidiron na necesidade de "gañar definitivamente a batalla ao coronavirus", lograr a reconstrución económica, con especial atención á chegada dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Este contacto coindice, ademais, coa visita que Pedro Sánchez vai realizar a Barcelona o próximo luns para asistir ao acto de condecoración ao editor Javier Godó por parte de Fomet del Treball, e en medio do debate polos indultos aos condenados polo procés.