Pedro Sánchez presentarase á investidura malia que non teña os apoios suficientes
Pedro Sánchez, que hoxe inaugurou o tramo do AVE entre Antequera e Granada, viaxa esta semana ao Xapón e despois a Bruxelas, por iso a segunda semana de xullo semella a máis probable para celebrar o debate de investidura. O líder socialista non quere prolongar indefinidamente as negociacións, e vai presentarse á investidura malia que non teña atados os apoios necesarios, din fontes de Moncloa. Dende Podemos cren que esta estratexia é irresponsable.
"Non me cabe na cabeza que algúen que tén encomendanda a tarefa de reunir os votos suficientes vaia ao pleno do Congreso sen facer as tarefas", dixo Rafael Mayoral.
Hai poucos contactos en privado, pero si mensaxes en público. A vicepresidenta pide a abstención de PP e Ciudadanos, e descarta o goberno de coalición que pide Podemos.
Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións, asegura que "Esa non é a fórmula da democracia. Casado tén que ir á hemeroteca, e Rivera tén que entender que levou o seu partido á extrema dereita"
En Moncloa agardan que a crise aberta en Ciudadanos abra unha vía para facilitar esa abstención.