CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez e Juanma Moreno reúnense por primeira vez na Moncloa

Publicado o 17/06/2021 15:01
Pedro Sánchez e Juanma Moreno reúnense por primeira vez na Moncloa

Pedro Sánchez recibiu na Moncloa o presidente da Junta de Andalucía. É o primeiro encontro de ambos dirixentes dende que Juanma Moreno foi elixido xefe do executivo andaluz, hai dous anos e medio. A mellora das infraestruturas, a repartición dos fondos e as reformas sanitarias foron os principais asuntos.

Moreno Bonilla dixo que acode á cita "coa máxima lealdade", pero asegurou que Andalucía tamén demandará unha mesa bilateral, como a prevista con Cataluña, para tratar asuntos de interese xeral, especialmente o repartimento dos fondos europeos.

 

Noticias web

17/06/2021