CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez reivindica a vixencia do "pacto constitucional", que inclúe a monarquía

Publicado o 04/08/2020 16:14

Pedro Sánchez comparece tras o consello de ministros e a saída do rei Xoán Carlos de España. Nela incidiu e insistiu reiteradamente no respecto do Goberno ante a decisión da Casa Real de distanciarse das "supostas condutas cuestionables e reprobables" que rodean o anterior monarca.

"Xúlganse persoas, non institucións", aseverou o presidente do Goberno. Lembrou tamén que o Goberno "considera plenamente vixente o pacto constitucional", que "defenden e reivindican". Asegura que España necesita "estabilidade" e "institucións robustas" nun momento de crise coma este.

Ao preguntarlle pola implicación de Moncloa na marcha de don Xoán Carlos e os diálogos co xefe de Estado, o rei Filipe VI, Sánchez indicou que se tratan de "conversas discretas" e que "nese ámbito é onde quedan".

Con todo, o presidente incidiu no respecto do Goberno á decisión da Casa Real pola mensaxe de "transparencia" e "exemplaridade".

Do mesmo xeito recalcou que a resposta ante todo o que se foi coñecendo sobre os negocios privados do anterior xefe do Estado "é a que corresponde a unha democracia vigorosa".