Pedro Sánchez considera que "a dereita o que propón é máis pasado"
No contexto dunha convención municipalista, celebrada nas Palmas, Pedro Sánchez arremetía este mediodía contra unha dereita que a, ao seu entender, o que fai é "propoñer máis pasado". En relación co PP explicou que " chegou tarde" a temas como o divorcio, o aborto, o matrimonio homosexual ou ao título VIII da Constitución, pero que acababa chegando, e considera que agora o que "queren é volver atrás".
INSERTO PEDRO SÁNCHEZ
Capítulo especial dedicoullelo aos Presupostos do Estado deste 2019 e sinalou que os que voten contra eles votarán "non á mellora do benestar social dos cidadáns".
INSERTO PEDRO SÄNCHEZ
Pedro Sánchez rematou apelando a unha "gran mobilización" fronte á dereita para gañar as eleccións europeas, autonómicas e municipais de maio.