CRTVG

Buscar

Sánchez, sobre o prezo da luz: "Cando remate 2021 terase pagado o mesmo que en 2018"

Publicado o 05/09/2021 20:01

Pedro Sánchez amósase disposto a baixar a factura da luz, nunha entrevista divulgada este domingo polo diario El País, e a "revisar os sobrebeneficios das eléctricas". Fixa como referente dos prezos o ano 2018: "O Goberno faise cargo da preocupación social da alza do prezo por xunto do mercado da enerxía".

"Facémonos cargo e estamos traballando nun plan para chegar a un obxectivo concreto, a un compromiso concreto, e é que ao final do ano 2021, cando os españois boten a vista atrás e vexan o que pagaron na factura da luz, no recibo da luz, paguen unha contía semellante á que tiveron en 2018".

A vicepresidenta segunda do Goberno Yolanda Díaz admite que ese compromiso é unha boa nova, pero matiza a hipotética rebaixa:  "É verdade que a luz no ano 2018, se lembran vostedes, estaba a un prezo por megawatt elevado, 57 euros, moi elevado, pero é verdade que en relación ao prezo que temos exactamente hoxe domingo é moitísimo máis barato. Polo tanto, desde logo é unha satisfacción".

O propio Sánchez aclarou que o Goberno considera diversas medidas, entre elas fixar un consumo mínimo vital no ámbito da enerxía, pero desbota a proposta de Unidas Podemos de crear unha empresa pública de electricidade.

Noticias web

05/09/2021