CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez asegura que é o momento do perdón e a convivencia tras os indultos

Publicado o 25/06/2021 15:16

Rematou o Consello Europeo despois de dúas xornadas intensas. Ata o de agora, o presidente do Goberno español non se pronunciara en Europa sobre os indultos aos presos do procés

Pedro Sánchez asegurou, ao remate deste Consello en Bruxelas, que este é o momento do perdón para acadar a concordia e construír a convivencia. O presidente asegurou que agora é o momento da concordia política porque o castigo xa foi útil noutro tempo e agora toca o perdón, tamén para axudar á recuperación económica.

Insistiu en que o Goberno de España vai defender sempre a legalidade democrática e nesa liña están os temas que abordará a semana que vén na reunión co presidente da Generalitat de Cataluña, Pere Aragonès.

Sánchez destacou que ningún mandatario europeo lle preguntou polos indultos, o que demostra a confianza nas decisións do Goberno de España. 

Noticias web

25/06/2021