CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez anuncia na Toxa que o AVE chegará a Galicia en decembro

Publicado o 01/10/2021 15:13

O presidente do Goberno e o primeiro ministro portugués coincidiron na situación esperanzadora que se abre para os dous países grazas á vacinación e ás posibilidades dos fondos europeos. Entre os desafíos, Pedro Sánchez sinalou o encarecemento da enerxía.

"Hai que monitorizalo, tomar medidas a nivel nacional, como estamos facendo, para afrontar esta alza que, segundo os bancos centrais, vai ser transitoria. O indudable é que este ano a economía española experimenta unha forte recuperación económica e unha robuta creación de emprego", dixo o presidente do Goberno.

O xefe do Executivo dixo que é importante avanzar na cohesión territorial, e sinalou unha infraestrutura clave para os galegos. 

"Moi pronto Galicia quedará conectada por alta velocidade co resto do país, en decembro imos poñer en servizo o tramo Pedralba-Ourense. O AVE a Galicia vai ser unha realidade", asegurou Sánchez.

O presidente do Goberno clausuraba así a terceira edición do Foro La Toja, segundo o seu organizador, a da consolidación deste evento.

Noticias web

01/10/2021