Pedro Sánchez anuncia que se gaña as eleccións aprobará o dereito á eutanasia
Publicado o 10/03/2019 14:53
Pedro Sánchez culmina así, en Galicia, unha semana na que visitou ata sete cidades para celebrar actos de precampaña...
Nesta ocasión, desde A Coruña, Sánchez prometeu aprobar se gaña as eleccións o dereito á eutanasia.
En clave galega, o líder dos socialistas defendeu as políticas do seu Goberno desenvolvidas na nosa comunidade
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu na súa intervención que o modelo socialista é o modelo do progreso social...
Sánchez e Caballero aseguraron que o PSOE é a barreira de protección dos dereitos e liberdades fronte ao proxecto de retroceso da dereita e da ultradereita.