CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez afirma que un pacto PP-Vox podería ser "o principio da fin da democracia"

Publicado o 02/05/2021 21:55

O partido socialista elixiu Entrevías, un dos barrios coa renda máis baixa de Madrid, para o acto de fin de campaña en que Pedro Sánchez arroupou o candidato, Ángel Gabilondo. 

"O noso camiño é que somos o bo por coñecer, aquí está o bo por coñecer, a iso imos", dixo Gabilondo. "Cambiaremos Madrid, imos cambiar Madrid, e se non imos votar unha cousa está clara: eles quedan".

"O PP, lonxe do defendido por Angela Merkel, anuncia que vai pactar coa ultradereita xenófoba, machista e e homófoba e di ademais que non é a fin do mundo. Non, non será a fin do mundo, pero pode ser o principio da fin dunha democracia vigorosa e plena de dereitos e libedades en Madrid", dixo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.