Pedro Duque pide "sensatez" para desbloquear a formación de goberno
Publicado o 08/08/2019 20:16
O ministro en funcións de Ciencia, Innovación e Universidades pediulle "sensatez" a todas as forzas políticas, para que España poida ter goberno canto antes.
Foi durante a súa visita a Vigo, onde Pedro Duque mantivo unha intensa axenda que incluíu visitas ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, ao Centro Oceanográfico e ao buque do CSIC Sarmiento de Gamboa, que nas próximas horas partirá cara á costa de Málaga nunha nova misión científica.
Duque mantivo tamén xuntanzas co secretario xeral dos socialistas galegos e co alcalde de Vigo. O ministro en funcións insistiu na necesidade de sacar adiante as reformas que quedaron pendentes na anterior lexilatura.