CRTVG

Buscar

Pedro Blanco, avogado da UXT: "A sentenza é un revés para a dirección de Alcoa"

Publicado o 05/11/2020 10:12

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prohíbelle a Alcoa parar as cubas de electrólise da planta de San Cibrao, que son o motor da fábrica. Era a principal reinvindicación dos traballadores durante os últimos meses e a xustiza ponse do seu lado.

No Bos días falamos con Pedro Blanco, avogado da UXT presente no xuízo contra o despedimento dos traballadores da planta. "A sentenza é un revés para a dirección de Alcoa", recoñeceu Blanco, e apuntou que "agora o que temos é que conseguir a nulidade do despedimento".

O ere segue adiante

A resolución xudicial admite en parte as medidas cautelares que presentaran os sindicatos, aínda que non todas. Non paraliza o ere, como pedían os traballadores, e permítelle a Alcoa parar a produción neste momento e executar o despedimento dos 524 traballadores que tiña previsto.

Destas medidas, entende Blanco, que "o TSXG dá a razón ás teses mantidas" polos sindicatos, que reclamaban manter as cubas activas e frear o ere.

Se finalmente o ere é declarado nulo, Alcoa terá que readmitilos e retomar a actividade. Por iso a obriga a manter as cubas funcionando.

Colaboración procesual

Blanco destacou e agradeceu a colaboración entre os profesionais do Estado e da Xunta. "Foi unha intervención aliñada na necesidade" de acreditar a falta de vontade da empresa. pois "nunca houbo intención de negociar" por parte de Alcoa. "A intervención segue sendo necesaria", asegurou.

Noticias web

05/11/2020