CRTVG

Buscar

Pedida de man baixo a auga na ría de Aldán

Publicado o 23/04/2021 13:22

Se estades pensando en pedirlle a alguén que case con vós, aquí tedes unha idea. Fondo da ría de Aldán. Un cofre, que non é de piratas, e unha parella mergullando, en principio admirando a beleza mariña.

Pero hai algo máis. É unha pedida. Deste xeito orixinal o home pídelle á muller que case con el. Moi sorprendida e emocionada, dille que si. Por certo, que soubemos que existen empresas que se dedican a organizar este tipo de sorpresas mariñas.

Noticias web

23/04/2021