Péchase o Concello de Vilagarcía tras daren positivo varios dos seus traballadores
Publicado o 18/09/2020 21:23
A Casa do Concello de Vilagarcía pechouse ao público por precaución despois de daren positivo varios dos seus traballadores. Segundo fontes municipais, estes días todo o cadro de persoal, formado por máis de 300 persoas, someteuse ás probas serolóxicas, nas que se detectaron os contaxios. Agora realizaranlles as PCR para confirmar os resultados iniciais.
Esta mañá un cartel advertía á cidadanía que o concello estará pechado en principio ata o luns.