CRTVG

Buscar

Péchase o centro de vacinación masiva do Ifevi

Publicado o 22/09/2021 14:57
Péchase o centro de vacinación masiva do Ifevi

O pavillón, agora baleiro, foi testemuña dun depregamento sanitario sen precedentes. Enfermeiros, celadores, administrativos, vixilantes e voluntarios, un grande exército branco prestou servizo continuadamente durante máis de 5 meses no Ifevi, na loita contra a covid.

Despois de recibir milleiros de persoas e ser escenario de longas ringleiras de xente procedente de 26 municipios, agora pásalle a remuda ao Hospital Álvaro Cunqueiro. En total neste pavillón inoculáronse máis de 731.000 doses da vacina.

Despois do intenso traballo sanitario, este espazo prepárase para a súa función habitual que é acoller grandes feiras como a de outubro de Conxemar.

Noticias web

22/09/2021