Pechan un centro de día en Lugo por falta de medios de protección
Axentes da Policía Nacional tiveron que intervir neste centro de día para persoas maiores de Lugo. Nestas instalacións, en que atendían sete usuarios, cesou a actividade cos maiores dende que se decretou o estado de alarma e se fixaron restricións pero o persoal do centro seguiu traballando.
Ante a falta de usuarios encargáronlle ao plantel realizar labores de limpeza e desinfección pero carecían supostamente dos suficientes medios de protección como máscaras, luvas ou xeles desinfectantes entre outros.
Ante esta situación, os traballadores solicitar marchar aos domicilios para cumplir co confinamento tanto pola falta efectiva de traballo como pola carencia de medios. Unha chamada á policía alertou desta situación e finalmente a intervención das forzas de seguridade propiciou o peche do centro e que os traballadores foran para as súas casas.