CRTVG

Buscar

Pechan tres aulas nun colexio de Oleiros por un gromo con 22 casos

Publicado o 10/05/2021 17:11

O colexio Isidro Parga Pondal de Oleiros rexistrou vinte e dous casos positivos por covid-19, sobre todo no ciclo de educación infantil.

Segundo informa o centro, a primeira persoa diagnosticada foi unha mestra a fin de semana, polo que a dirección decidiu confinar tres clases nas que imparte docencia. Porén, a maior parte dos casos, dezasete, concéntranse nunha das aulas.

No resto do CEIP realizáronse probas PCR que deron negativo, excepto dous casos, noutro grupo de infantil, e dous contaxios nun de primaria (un deles irmán dun dos positivos anteriores).

A dirección do centro subliña que se están a adoptar todas as medidas de seguridade para previr este tipo de casos. A escola agarda recuperar a normalidade despois da ponte das Letras Galegas.

Noticias web

10/05/2021