Pechan os areais da Costa da Morte pola presenza da carabela portuguesa
Praias pechadas ao público e advertencia da presenza de centos de exemplares de carabelas portuguesas. Unha falsa medusa velenosa que invade os areais da provincia da Coruña desde a pasada fin de semana. Na praia de Caión, na Laracha, retiraron ata 600 exemplares.
"Procedemos o equipo de voluntariado da agrupación con ferramentas porque esta carabela é tóxica" di Pablo Cambón, Coodinador de Protección Civil da Laracha.
A invasión destas medusas afecta a outros areais da contorna da Costa da Morte, onde os efectivos de Proteccion Civil traballan na súa retirada para evitar danos entre os que acoden estes días ás praias.
"Eu estiven falando con compañeiros de outras agrupacións de voluntarios da Costa da Morte e efectivamente tanto carballo como Malpica e Laxe se viron afectados pola invasión desta caracoleira. E tóxica por iso é importante que a xente non toque nela e menos que fregue logo a cara ou leve as mans aos ollos porque lle pode producir unha irritación moi forte" di Pablo Cambón, Coodinador de Protección Civil da Laracha.
Malia que adoita permanecer en mar aberto e en zonas de augas cálidas, todo apunta a que os ventos e correntes dos últimos temporais as arratraron cara á Costa da Coruña.
"Polo que estamos vendo o tempo e o cambio climatolóxico desta zona pois parec ser que pode ser o que está a fectando. As borrascas e o cambio de temperatura da auga auga quente pois parcee que fai subir cara a zona costeira" pensa Pablo Cambón, Coodinador de Protección Civil da Laracha.
As autoridades recomendan no tocalas e avisar o 092 en caso de atopalas nalgún areal.