Pechan dúas operacións antidroga na ría de Arousa, con 8 detidos
Publicado o 23/04/2020 14:30
Un mes despois de frustrarse o desembarco de 4.000 quilos de cocaína na ría de Arousa, péchanse as operacións Tuneladora da Garda Civil e Lince da Policía Nacional.
Sáldanse cun total de 8 detidos que ingresaron no cárcere da Lama. Nos últimos días na Guarda, onde se sitúa o centro loxístico da organización criminal, interviron material como teléfonos móbiles, documentación ou vestimenta que se empregou para a descarga.
A investigación apunta que a lancha auxiliar interceptada neste concello procedía da nave nai, que,, supostamente, atravesou o Atlántico e que terminaría varada en San Vicente do Grove.