CRTVG

Buscar

Pechan sete polígonos de bateas nas rías de Vigo e Pontevedra pola presenza de toxinas

Publicado o 06/02/2020 13:56

Os catro polígonos de Portonovo son parte dos sete pechados por toxina nas rías de Vigo e Pontevedra. Un episodio que este anos comeza antes ca nunca, polo menos nestes últimos vinte e dous anos.

É unha toxina rápida e de grande intensidade, polo que a previsión é que o episodio se poida prolongar no tempo.

A choiva, a calor e o vento do suroeste poden favorecer este fenómeno. Cómpre lembrar que só están pechados sete polígonos dos 52 que hai en toda Galicia e que se actualizan as análises dúas veces ao día.

Noticias web

06/02/2020