Pechan as áreas fluviais de Láncara porque os usuarios superan a ocupación permitida
No concello lucense de Láncara decidiron pechar as áreas fluviais en vista de que os usuarios superaban amplamente a ocupación máxima. Unha medida de prevención que tamén adoptan outros entes para previr que se produzan contaxios.
Esta vía da acceso á area recreativa de Valdriz, no concello lucense de Láncara, está cortada para que non pase ninguén. A poucos metros, un cartel informa da razón. É pola alerta sanitaria derivada da covid-19 e ante a posibilidade de que haxa rebrotes.
Os usuarios que se achegan á praia fluvial sorpréndense de atopala pechada.
A área está baleira porque o acceso está prohibido. O Concello adoptou esta medida para evitar aglomeracións e posibles contaxios.
Outras áreas recreativas dos arredores tamén están pechadas, de xeito que nalgunha xornada chegaron a xuntarse preto de oitocentas persoas. Difícil garantir así a distancia entre os asistentes.