Pechan ao público os monumentos españois ante a alarma do coronavirus
Publicado o 14/03/2020 13:36
Os monumentos españois máis emblemáticos non escapan das medidas adoptadas ante o estado de alarma polo coronavirus. A xunta construtora da Sagrada Familia de Barcelona decidiu parar as obras de construción e as visitas ao templo por un tempo aínda sen determinar. Como medida de prevención ante o coronavirus, tamén en Andalucía, o Goberno autonómico decidiu o peche ao público da Alhambra de Granada. Ademais, o bispo de Córdoba anunciou que queda pechada ao turismo a mesquita-catedral.