CRTVG

Buscar

Pechan ao baño a praia viguesa da Foz por un episodio de contaminación

Publicado o 21/06/2021 19:53
Pechan ao baño a praia viguesa da Foz por un episodio de contaminación
EFE


A praia da Foz, en Vigo, foi pechada ao baño este luns e así permanecerá polo menos ata o venres ao detectarse un episodio de contaminación nas súas augas. A analíticas da auga lanzaron valores que poderían poñer en risco a saúde dos bañistas, de modo que a Xunta de Galicia puxo en alerta o Concello de Vigo

Desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello sinalan que este tipo de episodios son recorrentes cando abundan as choivas, o que xera un arrastre de augas pluviais. En todo caso, o baño continuará prohibido en tanto non se realicen novas probas, o que non sucederá ata que deixe de chover, previsiblemente o mércores ou o xoves. Se para entón as análises das augas lanzan valores considerados saudables, a praia volverá abrirse ao público. 

 

Noticias web

21/06/2021