CRTVG

Buscar

Pechan 5 praias de Barcelona por aglomeración de bañistas

Publicado o 18/07/2020 19:53
Pechan 5 praias de Barcelona por aglomeración de bañistas

Axentes da Garda urbana de Barcelona pechou o acceso a 5 dos areais da cidade, ante unha afluencia masiva de bañistas despois da hora de xantar.

 Ás 17:30 bloqueouse o paso a máis persoas ás praias da Mar Bella, Bogatell, Barceloneta, San Sebastiá e Nova Icaria ante a imposibilidade de garantir que se manteña a distancia de seguridade, ata que coa caída da tarde reabriuse pola saída de xente.

 Agora témese que coa noite como é habitual centos de mozos aproveiten os areais para celebrar reunións e facer botellón, e agárdase se o concello coas normas restritivas  para a contención do coronavirus decide tamén prohibir o acceso a esas horas.