CRTVG

Buscar

Pechados os accesos ao campo dos Caneiros tras a suspensión das Xiras

Publicado o 17/08/2021 21:20

Mañá tiña que celebrarse a primeira xira dos Caneiros en Betanzos, pero este ano non se vai poder acceder ao campo. Policía Local e Garda Civil velarán polo cumprimento das medidas de seguridade establecidas nas normativas pola covid-19.

Pese á suspensión da xira tanto a de mañá como a do día 25, os axentes estarán nos camiños de acceso ao campo. Advertirán as persoas que, pese á suspensión, intenten desprazarse camiñando ata Os Caneiros, que a parcela municipal permanecerá pechada e prohibido o acceso a mesma.

Polo río pasará o mesmo coa Garda Civil. Os integrantes das embarcacións tampouco poderán acceder a parcela, pero si celebrar nos barcos. Neses casos os axentes farán controis sobre as limitacións de ocupación en cada embarcación.

Noticias web

17/08/2021