CRTVG

Buscar

Pecha o covid-auto do hospital do Meixoeiro, o primeiro que se empregou en Galicia

Publicado o 04/06/2021 14:52

Foi unha instalación pioneira, pero a mellora epidemiolóxica e a baixa asistencia aos cribados levan o Sergas a pechar o covid-auto do hospital Meixoeiro.

Pechou onte e a instalación pero non se vai desmontar, polo de agora, por se cumprise reactivala, pero desde xa as probas PCR da área de Vigo concéntranse no hospital Álvaro Cunqueiro.

Esta clausura é moi significativa do momento sanitario que estamos vivindo, xa que foi o primeiro servizo destas características que entrou en funcionamento en Galicia. Probada a súa eficacia e a súa axilidade, axiña o modelo se estendeu por todo o estado. 

Noticias web

04/06/2021