CRTVG

Buscar

Pecha no Gaiás a exposición "Faraón. Rei de Exipto" tras bater marcas de visitas

Publicado o 15/08/2021 19:59

Este serán pechaba as portas en Santiago unha das exposicións do ano. A mostra "Faraón. Rei de Exipto" abandona a Cidade da Cultura despois de seis meses.

Este domingo era o punto final da exposición que xa se converteu na máis demandada do Museo do Centro Gaiás. Bateu marcas cunha media de 600 visitas ao día, que nalgunhas xornadas acadaron as tres mil.

En total pasaron por aquí unhas 75.000 persoas desde que abrira o pasado mes de marzo. Todo un éxito que permitiu traer a Galicia parte da colección exipcia do Museo Británico en Londres.

 

Noticias web

15/08/2021