Pecha a última tenda de discos de Ourense, a segunda máis grande de España
Publicado o 04/03/2020 22:13
Tres décadas leva soando música en Peggy Records.
Cando abriron en 1989 había cinco tendas de discos máis en Ourense.
Soubo adaptarse aos tempos, o peor de capear foi a crise do soporte coa propagación de Internet.
Melómanos, nostálxicos que, coa desaparición en abril da segunda tenda de discos máis grande de España, perden a súa referencia.
Carlos seguirá vendendo online, pecha a tenda principalmente para ter máis tempo para el e os seus, pero tamén por motivos económicos.
Dende o anuncio do peche, hai dous días, vendeu máis ca no medio mes pasado. E é que xa reza o dito: non se sabe o que se ten ata que se perde.