CRTVG

Buscar

Pecha a planta de Siemens despois de 23 anos e quedan na rúa 215 traballadores

Publicado o 31/03/2021 08:41

A planta de produción de pas eólicas das Somozas pecha despois de 23 anos de actividade. A multinacional Siemens Gamesa clausura hoxe oficialmente a instalación, aínda que unha ducia de voluntarios alongará o seu contrato ata o día 9 de abril para terminar os últimos pedidos, e entrega as liquidacións pendentes; daquela, quedan na rúa 215 traballadores.

A factoría, presentada no seu día como a maior de Europa da súa clase, chegou a soster 700 empregos directos. A decisión de Gamesa de deslocalizar a produción a Portugal dá un novo golpe ao tecido industrial coruñés e en especial á comarca de Ferrolterra. O fabricante de aeroxeradores pecha a súa planta galega para derivar a produción ao norte de Portugal, onde hai un ano adquiriu a factoría Ria Blades ao seu competidor alemán Senvion. Esta decisión empresarial para producir a menor custo elimina 215 empregos directos na Coruña e outros 51 en Cuenca, onde hoxe bota o peche unha planta de reparación de pas.

Noticias web

31/03/2021