CRTVG

Buscar

Pazos de Borbén, Crecente, Mos e Redondela, concellos en risco extremo na área de Vigo

Publicado o 17/02/2021 18:04
Pazos de Borbén, Crecente, Mos e Redondela, concellos en risco extremo na área de Vigo

Neste Entroido non queiman o meco en Redondela. Prefiren que arda o virus e que a coca regrese polo Corpus, se se pode.

A comezos de febreiro, a incidencia disparouse por riba dos 700 casos. Hoxe segue a ser das máis altas da área de Vigo, con 424 casos, pero as cousas melloran cada día.

6.000 redondeláns están a ser convocados este mes nun cribado masivo en Vigo.

Unha viaxe na busca de asintomáticos que pode salvar vidas. Importante tamén que a vacinación avance entre os colectivos máis vulnerables.

Con incidencias moi altas, pero en proceso de mellora están tamén Pazos de Borbén, Crecente ou Mos. Concellos que agardan alcanzar en pouco tempo os esperanzadores datos que chegan do resto da área sanitaria de Vigo.

Noticias web

17/02/2021