CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Pazo de Vilane coordina o proxecto Emprender dende a raiz

Publicado o 04/03/2018 13:49


Un proxecto pioneiro pretende dar apoio aos emprededores dende unha perspectiva humana. Ensinarlles a superar os medos e as incertezas. Potenciar a autoestima para afrontar o éxito ou o fracaso. Son algunhas da pautas de 'Emprender dende a raíz'. Detrás está unha empresa luguesa pioneira na produción de ovos campeiros, con recoñecemento nacional de emprendemento.



Lanzarse a un novo proxecto empresarial non ten porque ser unha carreira de obstáculos cando se parte da base da confianza. Superar os medos e incertidumes, potenciar as capacidades e a autoestima para afrontar os riscos e asumir o éxito ou fracaso dun proxecto son as pautas a seguir. Asi o plantexa o programa Emprender dende a raiz que traballa dende o crecemento persoal do emprendedor.

Detras deste programa esta o proxeco de Pazo de Vilane de desenvolvemento rural, empresa pioneira na produccion de ovos campeiros. A sua traxectoria é considerada un referente nacional do emprendemento. Conducen esta iniciativa a través da súa experiencia.

O obxetivo é fomentar a cultura do emprendemento polo seu valor para o desenvolvemento económico social e persoal.