CRTVG

Buscar

Paula Ginzo e Raquel Carrera, representación galega no Eurobasket

Publicado o 16/06/2021 20:19

Remuda galega na selección femenina de baloncesto para o Eurobasket. Paula Ginzo entra na convocatoria por Tamara Abalde, que deu positivo por Covid. A pivote ourensá acaba de ser chamada por Lucas Mondelo, xunto a Laura Quevedo, para suplir as baixas de última hora de Tamara Abalde e Alba Torrens. As dúas deron positivo en coronavirus e non poden comezar o campionato. España debuta mañá en Valencia ante Bielorrusia, e tanto Ginzo como Quevedo, que levan adestrándose coa selección dende o inicio da xira, poderían contar con minutos.

Noticias web

16/06/2021