Patrícia Barbosa, VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, retrata os silencios da guerra colonial portuguesa
Cidade de Lugo. Entramos no Pazo de San Marcos. Tempo presente.
"Esta exposición é a gañadora do VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea", anuncia un dos coordinadores da mostra.
Vemos un soldado na África portuguesa. Anos 60 e 70. As costuras do tempo. E aquel mesmo soldado en Portugal. Tempo presente.
"En Portugal o tema da guerra colonial é aínda hoxe tabú".
E a fotógrafa Patrícia Barbosa atopou un día na casa da súa avoa un álbum daquela guerra. E comezou a recompilar.
"Novos álbums, novas familias que lle prestan eses álbums e que fotografía".
"Interesábame percibir cal é o poder narrativo da imaxe cando non representa o fotografado", explica a artista.
Fixo fotos das fotos. E fixo fotos.
"Para descifrar o que non mostran directamente as fotografías, senón outras cousas".
"Cuestionar a documentalidade das imaxes que viven dentro das nosas casas".
Entramos na nube de silencio arredor daquel conflito.
"A visión da guerra que había en Portugal. Parece que están de vacacións".
Ultramar. Angola, Mozambique, Guinea. Indíxenas espidas.
"Ás que, como vemos, miran atentamente".
Unha guerra que non parecía unha guerra.
"Todos falando de amor, de que te quero. E iso ocultaba o que realmente estaba pasando, que era un masacre, como toda guerra colonial".
Portugal. Tempo presente. Nas miradas dos protagonistas aquela guerra si parece unha guerra.
"Que non quixeron narrar pero que está dentro".