CRTVG

Buscar

Os produtores de pataca da Limia van comezar a sementeira en 15 ou 20 días

Publicado o 05/04/2019 14:00

Na Lima vai comezar a sementeira da pataca en 15 ou 20 días. Camen Pérez entrevista no Bos días a Amador Díaz, presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, para facer balance de como foi a campaña do ano pasado e que está a piques de ramatar. 

Nos almacéns xa queda pouca pataca, porque o ano pasado houbo pouca produción por mor da seca e da chuvia en abril e maio, que atrasaron a sementeira. Amador salienta que o feito de que houbese pouca pataca fixo que fose unha campaña irregular para os produtores: os pataqueiros que tiñan contrato pechado de venda gañaron menos porque tiñán menos quilos e os que non tiñan contrato beneficíaronse do alto prezo que acadou o quilo de patacas, chegou ata os 45 céntimos.

O 80% da pataca que se produce na Limia é da variedade agria, porque é unha variedade que permite a almacenaxe e ten moita saída para a industria dos fritos.

 

 

 

 

 

Noticias web

05/04/2019