Pastor nega ordes para obstruír a investigación xudicial sobre Angrois
Publicado o 11/02/2019 20:10
• Blanco di que a liña de alta velocidade estaba mal planificada
• As vítimas piden que asuman as súas responsabilidades
A presidenta do Congreso dos Deputados e ex-ministra de Fomento cando se produciu o accidente do Alvia, Ana Pastor, sinalou no Congreso que xamais deu unha instrución para que non se facilitase toda a información que demandara o xuíz instrutor. Ao respecto dixo que se puxo a disposición da autoridade xudicial e da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) todo canto se reuniu.
Sobre as xuntanzas coas vítimas: "Todo o que un faga é pouco, pero todas as reunións fixéronse", sinalou Pastor.