CRTVG

Buscar

Denuncian a perigosidade dun paso de peóns en Lugo

Publicado o 14/03/2019 13:46

En realidade non é só un paso de peóns, senón unha concatenación deles, xa que cadra unha confluencia de rúas a distintos nivesis e con escasa visibilidade.

Orograficamente, os semáforos están no medio da aba da montaña na que está Lugo asentado. A zona coñécese como A Volta da Viña, e é unha das entradas e saídas principais da cidade, polo tanto circulan moitos coches e tamén transitan moitos peóns, xa que hai vivendas e, ademais, pasa moita xente andando porque esta estrada comunica co Miño.

Os veciños destacan, ademais, que os coches pasan a máis velocidade da permitida.

Na zona xa houbo varios atropelos e accidentes.

Noticias web

14/03/2019