CRTVG

Buscar

Paso atrás para a permanencia do Deportivo Abanca en Sevilla (3-1)

Publicado o 09/05/2021 13:14

O Deportivo Abanca perdeu por 3-1 no campo do Sevilla e diminúen as súas opcións de permanencia. Un mal primeiro tempo condenou ás de Manu Sánchez que aos vinte minutos perdían por 2-0 cos goles de Claudia Pina e Raquel Pinel en dúas xogadas a balón parado nas que amosaron pouca contundencia. No último minuto da primeira parte Payne poñía o 3-0. Recurtou diferenzas cun golazo Ahinoa, insuficiente para inquedar ás rivais e ter posibilidades de sacar algún punto.