Paso atrás do Parrulo logo da derrota na pista do Córdoba (6-2)
Publicado o 30/12/2020 10:55
O Parrulo Ferrol sufriu unha dura derrota na pista do Córdoba e segue ocupando a última posición da táboa clasificación da LNFS.
Era un partido moi importante para os ferroláns, que podían poñerse a un só punto do posto de promoción de descenso pero o equipo andaluz foi superior. Ao descanso xa gañaba por 2-0. Na segunda metade O Parrulo tivo que arriscar, conseguiu poñerse con 3-1 pero dous goles desde campo propio cando estaban en situación de porteiro-xogador resultaron definitivos.