Pasan a disposición xudicial os seis detidos pola violación múltiple en Bilbao
Tras concluir as dilixencias policiais nas dependencias da Ertzaintza, os seis homes detidos como presuntos autores dunha violación múltiple en Bilbao pasaron a disposición xudicial... Os arrestados teñen entre 18 e 36 anos e, segundo medios locais, algún deles conta con antecedentes policiais.
A violación grupal produciuse na noite do xoves, no parque Etxebarria. A vítima, de 18 anos, supostamente quedara alí cun dos arrestados a través das redes sociais.
Cando chegou a este parque, ao ver ao grupo de homes, a moza intentou fuxir... Os supostos agresores perseguírona e ameazárona cunha pistola, que os investigadores cren que podería ser falsa
Tras a agresión sexual a vítima acudiu ao hospital de Basurto acompañada dun familiar. O persoal médico activou o protocolo establecido nestes casos.
Poucas horas despois a Ertzaintza, en colaboración coa Policía Local, arrestaba seis homes pola súa presunta implicación na agresión sexual en grupo...
A ampla descripción que deu a vítima facilitou o arresto. A moza mesmo describiu unha tatuaxe dun dos agresores.
Onte centos de bilbaínos participaron nunha concentración de repulsa por esta nova agresión
Segundo os datos que facilita o proxecto "Geoviolencia sexual"...
Desde "a Manada" dos San Fermíns do 2016 ata agosto de 2019 en España houbo unhas 125 agresións sexuais en grupo.