CRTVG

Buscar

Pasan a disposición xudicial os dous tripulantes do narcosubmarino detidos

Publicado o 26/11/2019 17:56
Pasan a disposición xudicial os dous tripulantes do narcosubmarino detidos

Os dous tripulantes do narcosubmarino afundido a pasada fin de semana á entrada da ría de Aldán, en Cangas (Pontevedra), foron trasladados aos xulgados desta localidade para pasar a disposición xudicial.

Sobre as 16,50 horas deste martes os detidos chegaron á sede xudicial en Cangas do Morrazo a bordo dun vehículo da Garda Civil para pasar a disposición xudicial.

Estes dous arrestados, de nacionalidade ecuatoriana, ían ser postos á disposición do Xulgado de Instrución de Cangas a media mañá deste martes, pero o trámite pospúxose ás 17,00 horas. 

Ademais destes dous detidos, as forzas de seguridade buscan un terceiro tripulante do batiscafo, que se fuxiu na madrugada do domingo, despois do afundimento da nave.

 

Noticias web

26/11/2019