CRTVG

Buscar

Pasa a disposición xudicial o mozo acusado de abusar sexualmente dun bebé en Xirona

Publicado o 10/07/2019 14:50

Os profesionais sanitarios do Hospital de Palamós, en Xirona, deron a voz de alarma. Unha muller levara o seu bebé de trece meses ao médico por notalo raro. Un forense examinouno e concluíu que tiña lesións compatibles cunha agresión sexual. Activaron o protocolo para estes casos, e os Mossos acabaron prendendo un mozo de 18 anos de Palafrugell que quedaba ás veces a cargo do bebé cando os país non estaban na casa e que, ademais, era amigo da familia. O detido xa pasou a disposición xudicial en La Bisbal d`Empordà.
 

Noticias web

10/07/2019