CRTVG

Buscar

Partidos nacionalistas non asisten aos actos do Día da Constitución

Publicado o 07/12/2020 09:29

O vicepresidente da Generalitat catalán e coordinador nacional de Esquerra centra a súa crítica á Constitución no capítulo da igualdade ante a xustiza.

Dende Bilbao, o voceiro do PNV no Congreso lamentou que co clima político actual é imposible lograr as maiorías necesarias para cambiar a Consitución, pero que non hai que ocultar que está moi tocada.

Tamén en Euskadi, dende EH-Bildu reclamaban unha constitución propia.

Neste 42 aniversario da Carta Magna houbo outras ausencias, coma as do PDeCat, as CUP e Compromís.

Noticias web

07/12/2020