CRTVG

Buscar

Parques acuáticos e piscinas están reabrindo as súas portas

Publicado o 21/06/2020 19:32

Parques acuáticos e piscinas tamén están reabrindo as súas portas. E de novo a máxima limpeza e desinfección, os xeles hidroalcohólicos, a distancia de seguridade e as máscaras son o camiño que hai que seguir cara á nova normalidade. 

Distancia de seguridade, cámaras de recoñecemento facial e sensores de temperatura son algunhas das medidas que este club privado lugués, con pisicnas e área deportiva, aplica logo de abrir onte as súas portas aos socios.

Tamén se insiste moito en respectar o distancimento social, o mesmo ca nas praias. Con todo, Moncho cóntanos que polo de agora aínda non son moitos os socios que acoden ás instalacións. En xeral, os que xa o fixeron concordan coas medidas de seguridade adoptadas.

Nas instalacións deportivas tamén se extrema a hixiene e desinfección.

Noticias web

21/06/2020