Parcelas e praias libres de tabaco e comida
Samil estrea un verán diferente.
Dos hábitos dos bañistas de 2020 quedan desterrados o tabaco e a comida, e os habituais de Samil botarán en falta as mesas con bancos, porque serán retirados. A medida non só ten un propósito ecolóxico, senón que busca tamén reducir ao mínimo os residuos.
As cintas despregables de cores, que se recollen pola noite para limpar a zona, regulan a cabida e o tránsito polas áreas comúns. Con esta ordenación, estímase que no Vao e en Samil unhas 25.000 persoas poderán estar utilizando á vez paseos e praias. A Policía Local e os socorristas encárgase de facer cumprir o sistema. Quen non respecte as normas, será desaloxado.
Só as praias de Samil e do Vao e as súas zonas verdes están parceladas, pero a prohibición de comer e fumar esténdense aos 52 areais vigueses.