CRTVG

Buscar

Paradela, Vilardevós e Maside estarán no máximo nivel de restricións

Publicado o 17/03/2021 14:55

A partir do venres, só tres concellos estarán no máximo nivel de restricións. A Paradela e Vilardevós súmase Maside. Ningún supera os 3.000 habitantes. Neles non se pode saír do termo municipal, nin xuntarse con non conviventes e a hostalería está pechada.

En Pontecesures, A Mezquita e Boborás melloran, e pasarán ao nivel alto onde seguen Soutomaior, Arteixo e Sobrado. A este grupo incorpórase Neda, cunha ducia de contaxios novos na última semana. Pode haber mobilidade entre eles, permítense xuntanzas de ata catro persoas non conviventes e a hostalería só pode atender nas terrazas.

Os demais municipios galegos quedan coas medidas de nivel medio. A espera de que se confirme unha ampliación dos horarios da hostalería, mantense o toque de recollida ás 10 da noite e as xuntanzas limitadas a catro persoas. A fronteira con Portugal sigue pechada ata o 6 de abril.

Noticias web

17/03/2021