CRTVG

Buscar

Paradela baixa dos 500 casos activos de coronavirus por 100.000 habitantes

Publicado o 20/03/2021 14:46

Chegou a haber 17 afectados e ese sábado apenas haberá 5, co cal prevese que para a semana Paradela saia do nivel máximo de restricións.

Paradela pasa a ter así unha incidencia inferior a 500 casos por cada 100.000 habitantes. Para a semana espérase que poida reabrir a hostalería e que se poida entrar e saír do concello á vontade.

Con todo, os veciños non queren que coa Semana Santa volva o turismo e, canda este, unha cuarta vaga.

Dende que comezou a pandemia, en Paradela morreu un home polo coronavirus.

Noticias web

20/03/2021