CRTVG

Buscar

Para Moncho Fernandéz, o Murcia será "unha proba física esixente para o Obradoiro" que xogará sen Pepe Pozas

Publicado o 25/12/2020 13:26

Ucam Murcia será unha proba física tan esixente como foi o partido ante o Zaragoza que o Obradoiro solventou con vitoria e con nota alta.

Moncho Fernández: "O partido ante o Zaragoza tamén foi esixente"

Boa nota é a que precisa Albert Oliver para substituir a Pepe Pozas. A outra alternativa ten 22 anos menos: Rafa García gozará de máis minutos. Outro que debe dar un paso adiante é Mike Daun. As lesións foron un lastre físico e mental para o norteamericano.

Moncho Fernandez: "Volverá pero todo precisa un tempo"

A quen volverá a ver Moncho Fernández é a Rafa Luz e a Nemanja Radovic, vellos coñecidos dun Murcia que, en silencio, leva ata Nadal un triunfo máis co Obradoiro. Veremos se o domingo está Sadiel Rojas que ingresou nun hospital tras este forte golpe na cabeza diante o Joventut.






 

Noticias web

25/12/2020