CRTVG

Buscar

Para Marian Mouriño a sucesión do seu pai no Celta non está próxima: "É un reto dificilísimo. Non vexo a ninguén coa súa capacidade"

Publicado o 17/03/2021 17:26

Marian Mouriño, a filla de Carlos Mouriño, o presidente do Celta, pasou polos micrófonos da Radio Galega. 

Nin que dicir ten que sente devoción polo seu proxenitor, quen lle transmitiu a súa paixón polo Celta. O Celta é unha herdanza familiar. Marian Mouriño contou que polo Celta o seu pai deixou de asistir ao bautizo dunha neta.

E o que descoñece Marian Mouriño é que vai pasar co Celta cando non estea seu pai. Difícil predicir o futuro da entidade.

Para Marian Mouriño, a sucesión no Celta non está próxima: "Non cuestiono iso, é un reto dificilísimo. Non vexo a ninguén coa súa capacidade"

Afouteza é mais que un título para Carlos Mouriño. Outra confesión da súa filla: "Afouteza é o seu legado, o que deixa para a eternidade,  desafío máis ambicioso en practicamente quince anos como presidente, a súa obra"

Noticias web

17/03/2021