CRTVG

Buscar

Para Fernando Seoane, as concentracións previas aos partidos "non teñen sentido"

Publicado o 22/05/2020 15:14

As dificultades desta fase preparatoria, entre solitaria e medio colectiva, son evidentes en cada adestramento. Seoane é dos que devece porque chegue a preparación con todo o grupo.

Para o xogador do Lugo a parada pola pandemia pode igualar todos os equipos na volta do campionato, pero ten claro que a eles os prexudicou.

Para Seoane, receptivo con todos os protocolos de actuación que se están seguindo nos adestramentos, o que non ten sentido é a concentración previa aos partidos.

Máis centrados na preparación física, e con limitacións para o traballo de todo o grupo por xunto, Curro Torres aínda non falou aos seus do primeiro rival que agarda, o Racing de Santander.

Noticias web

22/05/2020